Asociación para a participación das mulleres

IX FESTA DAS MULLERES E DAS ASOCIACIÓNS TEENSES

Escenario engalanado pola artista plástica, Lola Blázquez

O pasado sábado día 16 de marzo,celebramos en Raris a IX edición da Festa das Mulleres e das asociacións Teenses.

Dende as 5 do serán ata ben entrada a noitiña na Casa de común de Raris, non deixaron de soar as gaitas, as panderetas, a música folk os voces das corais e…os cánticos do Grupo Godspel Vida de Vigo que puxo unha vibrante e distinta estampa ao precioso festival que luciu espléndido acompañado dun numero público que aplaudíu calurosamente tódalas actuacións.

CARMEN RECIBE O CARIÑO DAS DIRECTIVAS TEENSES

A media tarde, como todolos anos, procedemos a nomear a Muller do Ano Teense, honor que nesta edición recaeu na Presidenta das Mulleres Rurais de Teo, Carmen Dubra, que escoutou emocionada as verbas a ela dirixidas pola nosa Presidenta Rosa Gómez Limia, » Carmen e merecente de este recoñecemento polas moitas horas adicadas a súa asociación e por haber axudado a que as mulleres rurais descubrisen que había vida máis aló da porta da súa casa e da súas eiras.» Carmen recibeu como agasallo unha figuriña expresamente realizada para ela pola nosa xa habitual artista de Buño, Carmen Isabel de Cerámica O Falsete.

A continuación a Presidenta fixo lectura do Manifesto reivindicativo, texto que engadiremos aparte

Precioso broche co que rematou a Festa, concierto de música moderna a cargo das alumnas da Escola de Musica da Asociación de Agricultores de Calo que foron moi pero que moi aplaudidas

Finalmente todas as persoas que quixeron acompañarnos disfrutaron dunha espléndida merenda ofrecida polos hosteleiros e persoas individuais teenses.

Grupo Vida de Vigo interpretando unha serie de cánticos Gospel sorpresa engadida á Festa deste ano.

Como resumen dicir que a Festa é xa un feito consolidado, agardamos que nos vindeiros anos sigase a celebrar co mesmo entusiasmo co que celebramos este.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*