Asociación para a participación das mulleres

Teenses pola Igualdade reivindica a eliminación da violencia de xénero cunha conferencia de Rosa Arcos e Sergio Clavero

O pasado venres 26 de novembro a nosa Asociación celebrou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha conferencia na que participaron Sergio Clavero, profesor do IES Cacheiras, e Rosa Arcos, activista feminista e ex presidenta de FADEMUR. O encontro tivo lugar na Biblioteca do Grilo, en Cacheiras, e contou coa asistencia dun público numeroso e comprometido.

O profesor Sergio Clavero comezou o encontro exhibindo dúas curtametraxes premiadas, realizadas por alumnos do IES Cacheiras. A primeira delas versaba sobre os numerosos micromachismos cos que convivimos a diario as mulleres e a segunda abordaba a violencia de xénero en toda a súa crueza. Tras a proxección falou de como o cinema pode ser unha valioso espazo de prevención da violencia e explicou como o seu proxecto Aturuxo Films, capitaneado por el e o seu alumnado, permite divulgar contidos sociais contribuíndo á comprensi´ón de diferentes realidades e dando voz a distintos colectivos.

O profesor Sergio Clavero durante a súa intervención

Pola súa parte, Rosa Arcos trasladounos numerosos datos sobre a situación da violencia contra a muller no ámbito rural, salientando os numerosos casos non visibilizados e as grandes dificultades destas mulleres para acceder a servizos de apoio. A ex presidenta de FADEMUR expuxo datos de enquisas realizadas neste ámbito, entre os que cómpre destacar que un 55 por cento destas mulleres non identifica a violencia como tal.

Rosa Arcos durante a súa charla

2 comentarios

  1. José M. Viñas Leiro's Gravatar José M. Viñas Leiro
    1 diciembre, 2021    

    E necesario repetir este tipo de charlas, tede en conta que a todos/as,nos falta formación.

    • teensespolaigualdade's Gravatar teensespolaigualdade
      6 febrero, 2022    

      Así é. Moitas grazas polo teu comentario.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*