Precisamos que te asocies para continuarmos coas nosas actividades. A túa cota servirá para financiar parte dos gastos dos eventos que organizamos e para continuarmos coas actividades da asociación.
Para asociarse, só hai que encher o formulario de inscrición e abonar a cota anual, que actualmente é de 12 euros (tamén podes colaborar con outra cantidade anual ou facer unha achega única). Pódelo facer directamente cubrindo o formulario electrónico desta mesma páxina e facendo unha transferencia á nosa conta de ABANCA: 2080-0318-17-3000056567
Se queres que domiciliemos os cargos das cotas podes descargar o formulario, cubrilo e facérnolo chegar a:
Asociación Teenses pola Igualdade
Escola Unitaria de Vilanova, 1º andar
Vilanova, Recesende
Se non podes colaborar economicamente, axúdanos a darlle difusión, comparte entre os teus contactos e amizades. Moitas grazas!!
Aviso legal:
O teu enderezo eletrónico e o resto dos datos de caráter persoal que nos facilitas serán obxecto de tratamento automatizado nos nosos ficheiros, para o envío de comunicación por vía eletronica. Poderás, en calquera momento, exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición nos termos establecidos na Lei organica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (LOPD 15/1999), dirixindo un escrito ao enderezo electrónico teenses[@]hotmail.com. Tamén te comunicamos que a información incluída neste formulario á confidencial pois é para uso exclusivo da destinataria arriba mencionada.