O vindeiro xoves 12 de decembro ás 20h na Biblioteca d’Os Tilos terá lugar a presentación do libro compilatorio dos poemas gañadores do Certame de Poesía María Mariño, convocado por Teenses pola Igualdade. Será unha cita inesquecible na que poderemos escoitar versos recitados polas súas autoras e autores.
[...]
Aínda estás a tempo de inscribirte no curso Controla o teu móbil, que comezará o vindeiro luns 9 de decembro na sede de Teenses pola Igualdade, en Luou (Teo). Unicamente tes que remitir un correo a: teensespi@gmail.com. Tamén podes contactarnos nos seguintes teléfonos: 653103194 / 647189953
O pasado 30 de novembro no Hotel Congreso de Teo tivemos ocasión de participar nunha charla con Eugenia Prendes, fiscala de violencia de xénero do Principado de Asturias. A presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, exerceu de anfitrioa presentando a relatora e convidando o público a participar coas súas preguntas e opinións.
[...]
Hai mulleres que escacharon en mil anacos, que en moitos momentos quixeron deixar de existir, que se pensaron culpables cando eran vítimas. Hia mulleres que teñen a afouteza de compartir a súa experiencia de maltrato para amosar que se pode saír de situacións terribles. O pasado 23 de novembro en Teenses pola Igualdade tivemos a oportunidade [...]
Durante o curso 2019/2020 a nosa Asociación continúa a ofrecer actividades formativas. En breve comezaremos con dous cursos de interese e utilidade nos que xa podes matricularte.
Podes solicitar información ou formalizar a inscrición no enderezo teensespi@gmail.com ou nos teléfonos 653103194 / 647189953
Curso APRENDE A [...]
O vindeiro 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia de xénero co obxecto de denunciar a violencia exercida sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas efectivas para atallala. Como en anos anteriores, conscientes de que todas e todos desempeñamos un papel importante no camiño cara a eliminación da violencia, [...]
O pasado sábado 26 de outubro a nosa asociación organizou unha xornada de recollida de cogomelos da man da experta Mercedes Nodar. As persoas participantes desfrutaron dunha agradable andaina polo monte baixo un magnífico sol de outono.
A doutora Charo Vázquez participou un ano máis nun encontro organizado por Teenses pola Igualdade. Nesta ocasión falounos da hipertensión, das súas orixes e síntomas, do seu tratamento e os seus riscos. Tras a charla, sempre amena e didáctica, tivo lugar un interesante debate co público asistente.
A doutora Charo Vázquez con Rosa Gómez L [...]
Chega o outono e as actividades asociadas a esta estación do ano na que o monte está máis pintoresco e fermoso ca nunca.
En Teenses pola Igualdade agardámoste o vindeiro 26 de outubro ás 10 da mañá en Pontevea, onde levaremos a cabo unha andaina na que teremos ocasión de aprender os segredos dos cogomelos da man dunha experta. Unha vez f [...]
A doutora Charo Vázquez impartirá unha charla sobre a hipertensión o vindeiro 18 de outubro a partires das 20.00h na Mediateca do Grilo (Cacheiras). Esta conferencia forma parte do Ciclo «Muller e saúde» que Teenses pola Iguladade organiza con carácter anual.