Asociación para a participación das mulleres

Segredos de familia (e licor café): unha comedia negra en Laraño

Se non podes acudir á Ramallosa, tes outra oportunidade para desfrutar dunha das obras máis entretidas da tempada. A compañía Martabelas representará _Segredos de familia (e licor café)_ en Laraño.

📅 Domingo 9 de marzo
📍 Centro sociocultural (Escola) de Laraño
🕕 Ás 18:00 h
🎟 Entrada: 3EUR

SOBRE A OBRA

_Segredos de familia (e licor café)_ é unha comedia negra que explora os segredos ocultos dunha familia galega cun humor afiado e escenas de suspense. Lucía, unha actriz de éxito, regresa á casa familiar, onde a agardan as súa peculiares tías Adelaida e Úrsula, que parecen ser exemplo de bondade pero agochan un pasado sombrío. Ao mesmo tempo, a súa irmá Silvana volve cunha vida chea de misterios e intencións incertas.

A obra presenta mulleres fortes e decididas que loitan por controlar o seu destino, rompendo con convencións sociais mentres revelan as súa propias contradicións. A través de enredos, mentiras e doses de licor café, _Segredos de familia_ ofrece unha visión divertida e crítica das relacións familiares e a procura da liberdade persoal, sempre cun ollo posto na igualdade e o respecto mutuo.

Entre o humor negro e a reflexión, a obra invita a pensar sobre como nos definimos e como somos definidos polos demais.

Non perdas esta ocasión única de desfrutar do talento da nosa compañía de teatro!

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos