«O 8 de Marzo, Día das Mulleres, é un día de reivindicación dos nosos dereitos e liberdades. É un día no que lembramos as desigualdades existentes e celebramos a vida de tantas mulleres (e algúns homes) que loitaron, e loitamos, porque o nacer nena ou neno non fose unha escusa para crear persoas,diferentes nas que os homes son a medida de todas as cousas e as mulleres permanezan subordinadas a eles. Un Día no que mostramos o noso orgullo por ser mulleres a nosa solidariedade coas que morren e sofren en todo o mundo a causa do persistente Machismo.
Traballamos para lembrar que a brecha de xénero existe na distribución dos traballos no fogar non remuneradas é dicir, as mulleres dedican dúas veces e media máis que os homes aos labores domésticos sen compensación económica algunha. Aínda recoñecendo que os avances tecnolóxicos han aliviado en certo xeito o traballo tanto no fogar como no espazo público estamos en condicións de afirmar que as xornadas laborables seguen sendo sensiblemente máis altas as que desenvolven as mulleres tanto como traballadoras autónomas como asalariadas, que as realizadas polos homes. A estatísticas sinalan que a brecha de xénero é de 73 minutos e 33 minutos por día nos países en desenvolvemento e desenvolvidos respectivamente.»
Con estas verbas escomenzou onte na Enpresa Finsa de Padrón a súa intervención Rosa Gómez Limia a nosa presidenta invitada polas dirección da empresa a dar unha charla sobre as orixes da celebración do Día Internacional da Muller e os motivos que nos levan a Folga xeral convocada este día 8 como xeito de protesta e chamada de atención da brecha salarial, aos asasinatos e inxusta discriminación que seguien a soportar as mulleres en relación ca os homes en mulleres en tódolos eidos da vida.
Nesta ocasión a empresa aproveitou a quenda de paro de duas horas para concienciar ao persoal da importancia da celebración do Dia 8 de marzo e mostrar deste modo o rechazo da masa traballadora a situación tan indeseable.
As traballadoras escoitaron atentamente a intervención da nosa presidenta que premiaron cun cálido a prolongado aplauso
Dado a imposibilidade de quedar para a quenda da tarde de Rosa por ter esta adquirido compromiso anterior previo a este, a charla foi grabada e repuxose na quedan da tardiña.
É de esperar que esta actitud da Empresa Finsa surta efecto e que para anos vindeiros se celebren actos tan exemplarizantes como o desenvolvido na maña de onte, nas demáis empresa da comarca