Invitadas pola Asociación Cruceiro do Monte acudimos o pasado sábado 21 a un encontro de corales na Ramallosa.
Durante máis dunha hora poidemos disfrutar das voces xa veeranas da Coral Cruceiro do Monte e o Coro Parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos. Pero a sorpresa deunola o grupo formado por nenos e nenas pertecentes Igrexa Evángélica da Ramallosa que puxeron a nota diferente a este xa tradicional encontro de Cantateo.
As e os entusiastas compoñentes de Cruceiro do Monte, deleitaron ao púlico tanto polo acertado das composición escollidas, como pola súa magnífica e conxuntada interpretación. MARÍA Soliña, Os gozos de San Martiño, Indo eu para Belén, La paloma y la rula a Herba e a Illa de San Simón, completaron o acertado repertorio.
O Coro Parroquial SAn Francisco dos Tilos ofreceronnos as pezas:Mirai que feitiño, Navidad es esperanza,La perla, La mulata e Negro José.
Pecharon as interpretacións a xuventude da IGREXA EVANXÉLICA con Heiche cantar, Sobre todo, Solo en Jesús, Imagina, Contempla a Dios.
Dende aquí trasladamos a nosa noroa aos organizadores e participantes do Cantateo polo seu esforzo para proporcionarnos estar tardes de pracer musical
Dende a nosa páxina damola norab