Asociación para a participación das mulleres

CONCERTO DO NADAL ZARZUELA E MAIS

 

10860922_754460404636107_8039903168930013567_o (1)

 

A cidadanía teense  aficionada a  boa música coral,tivo a oportunidade de disfrutar este fin de semana da actuación de duas  extraordinarias corais do noso Concello, a Coral Polifónica de Luou e a Coral San Simón de Cacheiras que xunto coa premiadísima Banda Cultural de Teo, ofrecéronnos un concertó do Nadal  para recordar sempre.

A primeira parte do concerto estivo adicada ao xénero pequeño ou zarzuela.

Neste apartado   poidemos disfrutar coa interpretaron de  La del soto del Parral de Soutullo y Vert, El Huésped del Sevillano de J. Guerrero, D. Gil de Alcalá de M. Penela, La verbena de la Paloma de Tomás Bretón, La Rosa del Azafrán de J. Guerrero e o Himno Nabuco de G. Verdi.

Todas as interpretacións desta primeira parte foron recibidas  con fortísimos aplausos polos espectadores que abarrotaban o local e que mesmo chegaron a poñerse en pé en reiteradas ocasións.

O Concerto do Nadal que estivo dirixido maxistralmente por D. Juán Núñez, contou cunha segunda parte de Villancicos e música popular: La cacería Real, Meu Amor é mariñeiro,Alma Llanera. Ave María de Caccini, e Cantos de Navidad.

 

10418932_997129056970636_8115207237672235427_n

En fin, boas, voces, boa, música, magnifica dirección e un público entendido que en ocasións non poido ocultar as lágrimas e que hei de calificar cun 10 ben alto

Dende  Teenses Pola Igualdade queremos felicitar sinceiramente a toda a organización e protagonistas dunda noite realmente inesquecible e que, sinceiramente, ei de dicir, que nos soubo a pouco

Rosa Gómez Limia

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*