Asociación para a participación das mulleres

Curso de oratoria y comunicación oral

Estrelas A GRela

 

Curso de comunicación presencial dende a perspectiva de xénero

Está aberto o prazo para inscribirse no Curso de Oratoria que se impartirá os xoves durante  o mes de febreiro.

Un espazo no que aprendemos a coñecer as nosas capacidades para sacarlles o máximo partido, estratexias para non trabucarnos, perdernos, nin quedarnos en branco. Onde a comunicación non verbal, o protocolo, a actitude ante a cámara e o micrófono deixan de se rproblemas para converterse nos nosos mellores aliados.

Se temos condicións naturais para a comunicación, este curso axudaranos a melloralas. Se temos problemas ou dificultades, este curso daranos as ferramentas para superalas ou melloralas de maneira moi notable.

Mediante exercicios contrastados provense os medios máis eficaces para potenciar as nosas capacidades innatas e para corrixir malos hábitos que dificultan a participación das mulleres na construción do espazo público desde a súa aportación

Logo de recibir este curso, estaremos mellor preparadas para ocupar o espazo público con lexitimidade e mesmo relevancia, se ese é o noso interese.

 

 

 

Non se atoparon comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*