Asociación para a participación das mulleres

EXITO DA VENTA DE LIBROS NO MERCADIÑO

Mercadillo 2

Alvariza en plena actuación

As 12 en punto do pasado día 13 abríronse as portas do Pavillón da Ramallosa para dar acollida a un bó  número de expositores que esa mañán desafiaban a friaxe invernal para ´facer unha mostra ben completa de materiais de toda clase: roupa, cacharros, xoguetes, obxectos de decoración, libros….

Durante as horas da mañá foron constantes as visitas ao noso «stand» e fixemos unha boa saída de libros, non tanto así pola tarde que xa decaeron as visitas notablemente.

mercadillo 1

A nota lúdica a puxeron os rapaces de Alvariza que durante un bó rato deleitáronnos con esa preciosa maneira que eles teñen de musicar cancións de hoxe e de sempre que mesmo consegueron que parte do público arrincárase a bailar na pista.

Pensamos que de seguir así o mercadiño irá consolidándose e acadando cada vez máis, o éxito que se pretende

 

 

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos