Asociación para a participación das mulleres

5º Certame de Poesía María Mariño

Certame de Poesía «María Mariño» 2015

V EDICIÓN

Maio
Suxeito ás seguintes BASES:
1. Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que o seu traballo sexa escrito en galego.
2. Os poemas que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e maila forma.
3. O V Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun: Primeiro Premio de 300€ e un Segundo Premio de 200€.
4. Cada concursante participará cun só poema, que non deberá exceder os CEN versos mecanografados a dobre espazo en formato DIN-A4, por unha soa cara e por quintuplicado.
5. Os poemas deberánse presentar baixo lema, indicando no sobre: “PARA O IV PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO”. No interior do sobre que conteña o traballo , achegarase en sobre aparte, pechado e lacrado os seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, da persoa autora do traballo así coma un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder as quince liñas.
6. O Xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galegas actuando coma secretari@ con voz e sen voto una persoa, elixida pola directiva da asociación.
7. O fallo do Xurado será inapelable, a súa composición así como o nome dos galardoados, darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Os galardoados recibirán comunicación directa por parte da organización.
8. A entrega dos Premios terá lugar nun acto poético en día a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2015.
9. O prazo para a entrega dos traballos é improrrogable, rematando ás 12 horas do 16 de Abril do 2015.
10. Os poemas remitiránse a:
ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE ESCOLA DE VILANOVA, 1º ANDAR. RECESENDE nº 43 15895- TEO- A CORUÑA
11. Os traballos gañadores quedarán en poder da Asociación Teenses pola Igualdade que se reserva os dereitos sobre os mesmos.
12. Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados polos autores previa identificación, no prazo de dous meses, dende a entrega do Premio. Transcorrido dito prazo procederáse a súa destrucción.
13. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes Bases. Tódalas incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva ou polo Xurado cando éste quede constituído.

1 comentario

  1. Xílgaro's Gravatar Xílgaro
    22 marzo, 2015    

    Boas! Coido que hai un erro nas bases. Poñedes que hai que indicar no sobre “PARA O IV PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO”, pero estades celebrando o 5° certame, non é?
    Graciñas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*