Asociación para a participación das mulleres

Un 8 de marzo festivo y participativo

fiesta llena

O  pasado sábado sete  de marzo,celebramos conxuntamente con prácticamente todo asociacionismo teense, o noso particular 8 de marzo. Fixémolo con cancións,(Aleceia) muiñeiras con nenos, ( Recreativa de Calo) gaitas, ( A Ponte Vella, Rosalía de Castro e a Mámoa) pandereteiras( Cruceiro do Monte e a Mámoa).

Xoán Xosé Fernández Abella, escritor, poeta e un dos primeiros socios da nosa organización, declamou con forza e pasión un poema composto  especialmente para esta ocasión que rechaza todo tipo  de violencia contra das mulleres.

A festa rematou con música e animador festivo, non faltando unha epléndida   merenda aportada por Aspamite, Mulleres Rurais, O Cachón e Agricultores de Calo que,  conxuntamente cos fornos e supermercados de Teo, foron máis que xenerosos coa súa aportación.

A nota simpática correu a cargo do grupo de teatro Martabelas, de Teenses Pola Igualdade, que fixeron de presentadoras introducindo bromas, desafíos e chistes que fixeron reir a aplaudir rabiosamente ao numeroso público que esa tarde abarrotaba a Casa Común de Raris

Ao peche a nosa  presidenta, Rosa Gómez Limia, tivo un recordo para esas miles de mulleres que non poden celebrar festa algunha por empregar todo o seu tempo a coidar e vixiar  enfermos, impedidos, ancians e disminuídos en xeral, dito o cual fixo lectura do seguinte Manifesto:

Boas e felices tardes:

A Festa das mulleres está de aniversario e cumple xa, cinco anos de vida.

Fartas de lamentarnos e decididas a poñer de relieve os valores da nosa condición feminina platexámonos a Festa como unha doada ocasión na que a cidadanía fai recoñecemento público a labor demasiadas veces silenciosa e invisibilizada das mulleres.

E por elo que dende aquí queremos facer o seguinte

M A N I F E S TO:

As mulleres teenses estamos dispostas a dar un paso máis alá dos que xa diron outras mulleres que nos precederon loitadoras por lograr o recoñecemento de igualdad e de dereitos que pouco a pouco, imos alcanzando

Reclamamos un reparto equitativo dos traballos tanto públicos como privados xa que, a sobrecarga que o traballo doméstico aséntase sobre todo en nos as mulleres, de tal modo que absorbe o noso tempo en demasía ao tempo que coarta a liberdade para:

Acceder a una maior capacitación

ingresar no mercado laboral,

Ocupar postos de representación pública

Dado que as catro quintas partes do traballo doméstico é realizado por mulleres, reivindicamos recoñecemento público deste sacrificio “encuberto” e ata aquí infravalorado. Pola contra, estudios económicos recentes cifran entre un  20 e un 30% do Producto Interior Bruto o traballo realizado polas mulleres no fogar, moi por enriba ao PIB aportado pola industria petrolifera ou a turística.

Recoñecemos unha relación intrínsica entre crise, precariedade pobreza, e violencia de xénero, e reclamamos para as vítimas, asistencia xurídica, laboral e social que os poderes publicos deberán de  garantirlles sen escusas nin postergacións, porque niso vainos vida, saúde, integridade e mesmo, a dignidade.

Finalmente agradecer a todas as persoas que durante o ano traballan por alcanzar os obxectivos de igualdad e xustiza social, e tamén, ás 15 asociacións e persoas que co seu esforzo e traballo dotaron a esta V Festa das Mulleres dun son especial que sabe a tregua para as penas e disfrute do contento

Non se atoparon comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*