Asociación para a participación das mulleres

Premio a Teenses Pola Igualdade


Andrea Rodríguez, su secretaria de Igualdade; las concejalas socialistas Romina Nieto y María Ferreirós; Rosa Gómez, presidenta de la asociación Teenses Pola Igualdade

Javier Carballo de Jesús, secretario Xeral de XXSS,Andrea Rodríguez, su secretaria de Igualdade; las concejalas socialistas Romina Nieto y María Ferreirós; Rosa Gómez, presidenta de la asociación Teenses Pola Igualdade

 

O pasado día 3 do presente decembro e con motivo da clausura das II Xornadas Feministas de Valga organizadas polas XXSS, tivemos o pracer de pasar unhas horas na mellor das compañías posibles.

Foi un acto no que non faltou de nada, debastes, poesía, luz, entendemento…e sobre todo SOLIDARIDADE,  a que tiveron e nos demostraron a xuventude presente no salón de actos do espléndido edificio adicado a pertecente ao Concello de Valga.

Houbo un moi calído agradecemento cara alabor que fai a nosa Asociación, Teenses Pola Igualdade en pro de conquerir a igualdade social entre mulleres e homes.

Premio Valga 2

 

Este foi o cálido e emocionado discurso que Xavier Carballo de Jesús pronunciou pevio a entrega do Premioa nosa Presidenta, Rosa Gómez Limia

«Ano 2016, España, 39 mulleres asasinadas polo machismo criminal e 12 feminicidios mási en investigación por parte do ministerio, imos gardar un minuto de silencio por todas elas e polas persoas que a dia de hoxe seguen sendo vítimas de violencia machista. Non nos engánemos que o asasinato é a última consecuencia da violencia machista e tras el hai moitísimo sufrimento, gardemos un minuto de silencio por todas elas.

Despois deste minuto de silencio que non significa outra cousa que respecto, pero que sabemos que non vale para nada máis, fagamos o esforzo polo menos de nomealas de unha en unha: 1 Mariana, 2 Silvia, 3 Mirela, 4 Isabel, 5 Lucinda, 7 María, 8 Ascensión, 9 Ana, 10 Francisca, 11 Soraya, 12 Victoria, 13 Silvia, 14 María del Carmen, 15 Cristina, 16 Yolanda, 17 María Candelaria, 18 Nome descoñecido, 19 Lucía, 20 Jana, 21 Arantzazu, 22 Johana, 23 Teresa, 24 Karla, 25 Alexandra, 26 Benita, 27 Krisztina, 28 María Arantzazu, 29 Xue Sandra, 30 Jana, 31 Flori, 32 Ada Graciela, 33 Mónica, 34 Estefanía, 35 Isabel, 36 Jaqueline, 37 Yolanda, 38 Celia, 39 Juana, 40 Alia…Por desgraza seguiremos contando!

40 mulleres asasinadas , 40 persoas asasinadas polo simple feito de ser mulleres, algo estamos facendo mal, algo está fallando na sociedade do século xxi , algo pasa cando unha parella lle revisa o móbil á súa moza, algo pasa cando o facer chistes sexistas está ben visto, algo pasa cando o partido que nos goberna está en contra do aborto (pero eles van a abortar ó estranxeiro), algo pasa. A ver si nos mentalizamos tal e  como dicia Olympia de Geouges na declaración dos dereitos da muller e da cidadanía durante a rev. francesa, que recolle que as mulleres e os homes debemos nacer en igualdade de condicións e dereitos. Pasaron séculos daquela e temos que seguir reclamando a igualdade real, xa que ata o momento a pesares dos avance queda moito por facer.

Cando nós falamos de levar a cabo unhas xornadas feministas plantexámosnos diferentes obxectivos, o primeiro e sen ningunha dúbida é a visibilización do feminismo, porque basta xa de hipocrisías, basta xa de farsas E DEMAGOXIAS, o feminismo o que busca é a igualdade de dereitos entre mulleres e homes, que non nos enganen, as persoas feministas buscamos a igualdade de oportunidades.

O fin destas xornadas está perfectamente resumido en esta cita de Mercedes Valdivies: “ a palabra feminismo é para min, absolutamente lexítima no seu uso, porque a través do seu ismo dáse unha chamada urxente a homes e mulleres para que axuden a instaurar a harmonía dunha voz, oxalá común, que non discrimine, que non exclúa, senón que una a todas e todos en prol dunha humanidade integrada” moi acertada esta cita para resumir o fin destas xornadas, E nestas segundas xornadas decidimos  facerlle un recoñecemento á asociación Teenses pola igualdade,  precisamente porque estas palabras de Mercedes  Valdivieso é o leitmotive que move a esta asociación.

Dende Teenses involúcrase a homes e mulleres na loita por unha igualdade real e efectiva, porque si  non se adopta unha postura común non imos acadar nunca esa igualdade, unha igualdade que rompa roles, estereotipos e que lle diga a persoas como o alcalde do Partido Popular de Alcorcón, que as feministas e calquera persoa de ben está “rabiosa” polas barbaridade que ten proferido contra as mulleres.

Ese é unha inxente labor que fan dende Teenses, recordemos que tamén participaron na mobilización social pola retirada de título de fillo predilecto a Castelao Bragaña e gracias a elas, á mobilización  e ó magnifico traballo do PSOE encabezado por María, conseguimos que Castelao Bragaña renunciase ó seu título de fillo predilecto, e por suposto, Teenses puxo o seu grao de area nesta loita e hoxe aquí recoñecémosllo.

Hai 2-3 meses estivemos visitando a sede de Teenses  e alí estivemos con Rosa, a presidenta da asociación, foi a primeira deputada muller de esquerdas no Parlamento de Galicia, e alí na sede pois estívonos ensinando o traballo que facían e mentres nos explicaba todo isto, eu sentía orgullo  de persoas como Rosa que teñen un compromiso social inherente ós seu valores, á súa forma de  ver a vida e á súa persoa porque  ademais de formar e informar ós seus socios sobre diferentes materias, Teenses Pola Igualdade proporcionou a axuda dunha traballadora social para mulleres que sufrían violencia de xénero ata que a Xunta lles retirou a subvención, fan teatro con temática de xénero para concienciar a través da cultura…En difinitiva, Teenses Pola Igualdade leva a cabo unha labor socializadora trementamente importante, que comezou no local  pero que se estendeu rapidamente ó plano autonómico, pero é que,  ademais desta labor socializadora, leva a cabo un IMPORTANTE  traballo de difusión da cultura, por poñer un exemplo: editaron un libro que se chama 100 mulleres Galegas, onde nos mostra a obra de mulleres galegas emerxentes no mundo das artes plásticas para promocionalas  e difundir a súa OBRA.  unha labor de difusión da cultura moi importante  que levan a cabo DIA co TRAS DIA co seu grupo de Teatro Martabelas no que INCLUEN TAMÉN A TEMÁTICA DE XÉNERO.

Por ir  rematando, dicir que a día de hoxe Teenses ten preto de 500 persoas asociadas en toda Galicia, está integrada en colectivos feministas como o Colectivo Feminista de Pontevedra, participou no 2014 na ruta violeta, participou activamente na loita contra a lei do aborto do PP e ademáis no seu dia a dia loita contra a prostitución e o proxenetismo, apoian ós sectores sociais máis desfavorecido e como xa quedou claro traballan duro os 365 días do ano, en conxunto e/ou por separado cada integrante de teenses, para que a igualdade de oportunidades de mulleres e homes sexa unha realidade.

Por todo isto , en Xuventudes Socialistas de Valga temos moi claro que para que esta sociedade avance precísase moita xente como a que integra Teenses Pola Igualde, Teenses é un colectivo tremendamente importante e relevante para historia social de Galicia e para combater as violencias machistas.

Para rematar, e antes de facer entrega do premio, gustaríame darlle un gracias moi grande e con letras maiúsculas a Rosa Gomez Limia  por facer esto posible, por esa loita incansable que dende rapaza  levas a cabo e sobre todo por transmitir esa sapiencia que transmites . É un pracer darche a ti hoxe este premio,  eu pido un forte aplauso para Rosa e para Teenses Pola Igualdade porque son tremendamente merecedoras deste premio que anualmente outorgamos xuventudes socialistas»

Valga 3 de decembro de 2016

 

 

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos