Asociación para a participación das mulleres

Posts in category Sen categoría

A presidenta de Teenses pola Igualdad...

A presidenta de Teenses pola Igualdade participa no foro «Con Voz de Mujer», organizado pola CADENA SER
Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, participou o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela nas xornadas «Con Voz de Mujer», organizadas pola CADENA SER. A sesión contou con varias mesas redondas nas que homes e mulleres de diferentes ámbitos debateron sobre os numerosos retos no camiño cara a igualdade. O foro foi clau [...]

A nosa Asociación participa nun vídeo...

A nosa Asociación participa nun vídeo conmemorativo do Día do Libro
Co gallo do Día Internacional do Libro, celebrado o pasado 23 de abril, a nosa Asociación colaborou na gravación dun vídeo de animación á lectura impulsado dende a Concellaría de Cultura de Teo. Este vídeo, gravado en lugares emblemáticos do municipio, como son o Alto de Montouto e a Horta do Dubra, recolle as voces das diferentes asociac [...]

Marilar Aleixandre imparte unha charl...

Marilar Aleixandre imparte unha charla sobre o feminismo de Emilia Pardo Bazán
Con motivo da celebración da semana do 8 de marzo, a Asociación Teenses pola Igualdade organizou unha charla-coloquio dixital coa escritora e académica Marilar Aleixandre baixo o título «Emilia Pardo Bazán, todos os dereitos para as mulleres». O vindeiro mes de maio cumpriranse cen anos do pasamento desta autora que, como nos trasladaba Alei [...]

Reivindicando o 8M sen saírmos á rúa

Reivindicando o 8M sen saírmos á rúa
A diferenza dos anos anteriores, e por responsabilidade perante a situación sanitaria na que nos atopamos, as membras e membros da Asociación Teenses pola Igualdade decidimos non saír á rúa co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Non obstante, decidimos facer esta fotografía na que desexamos amosar que seguimos a loitar a prol d [...]

Teenses pola Igualdade celebrará o 8M...

Teenses pola Igualdade celebrará o 8M cunha conferencia-coloquio sobre a vertente feminista de Emilia Pardo Bazán
Marilar Aleixandre, escritora, académica e catedrática da USC, impartirá o vindeiro xoves 11 de marzo ás 20h unha conferencia titulada «Emilia Pardo Bazán: todos os dereitos para as mulleres». Dado que este ano a Asociación non pode levar a cabo a súa tradicional Festa das Mulleres, quere celebrar o Día Internacional da Muller con esta charl [...]

Amplíase o prazo de entrega do VIII C...

Amplíase o prazo de entrega do VIII Certame de Poesía María Mariño
Debido ás actuais circunstancias sanitarias, a xunta directiva da Asociación Teenses pola Igualdade decidiu ampliar ata o 30 de decembro o prazo de entrega dos traballos que opten ao premio do VIII CERTAME DE POESÍA MARÍA MARIÑO. Os traballos poderán enviarse ben por correo ordinario ben por correo electrónico ao enderezo teensespi@gmail.com [...]

No estás sola

No estás sola
Rosa Martínez Boquete, secretaria da directiva da Asociación Teenses pola Igualdade, recomenda hoxe a película «No estás sola, Sara». Este filme estreouse en 2009 e conta a historia dunha rapaza de 23 anos que sufre maltrato físico e mental. O personaxe principal, Sara, está encarnado pola actriz Amaia Salamanca. https://fb.watch/24- [...]

TE DOY MIS OJOS

TE DOY MIS OJOS
Xurxo Barcala, director do grupo de teatro MARTABELAS (Teenses pola Igualdade), propón hoxe o filme «Te doy mis ojos», estreado en 2003 e gañador do Premio Goya á mellor película. Esta cinta narra o drama de Pilar, unha muller malatratada polo seu home. https://fb.watch/22iM9kmpLu/ Enviado desde Outlook https://fb.watch [...]

SUFRAXISTAS

SUFRAXISTAS
Claudia Castro, escritora teense e membra de Teenses pola Igualdade, recomenda o filme «Sufraxistas». Esta película británica estreada en 2015 e dirixida por Sarah Gavron, narra o nacemento do movemento sufraxista antes da Primeira Guerra Mundial, da man de mulleres obreiras que arriscaron todo para acadar o dereito ao voto. https://m [...]

MADRES

MADRES
Maite Argibay, concelleira de Cultura, Educación, Participación Veciñal e Administración en Teo, e colaboradora de Teenses pola Igualdade, recoméndanos hoxe «Madres». Esta serie, producida por Mediaset e emitida en Amazon Prime, é un drama sobre os pacientes da área de pediatría dun hospital de Madrid e as nais que están ao seu carón. htt [...]