Asociación para a participación das mulleres

A presidenta de Teenses pola Igualdade participa no foro «Con Voz de Mujer», organizado pola CADENA SER

Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, participou o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela nas xornadas «Con Voz de Mujer», organizadas pola CADENA SER. A sesión contou con varias mesas redondas nas que homes e mulleres de diferentes ámbitos debateron sobre os numerosos retos no camiño cara a igualdade. O foro foi clausurado por Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno.

A presidenta de Teenses pola Igualdade participou nun coloquio sobre a situación da muller na sociedade actual, compartindo mesa con Pilar Cancela, presidenta da comisión de igualdade do Congreso, a activista María Araújo, e José Marín, profesor da USC e membro de Homes pola Igualdade.

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*