O Outono na Ribeira Sacra luce maxestuoso
Facendo a ruta do Rio Mao podemos ver o encontró deste rio co Sil
Espléndido fin de semana na Ribeira Sacra, onde fixemos de todo: meditación, Ioga, gozamos da Festa da Pisa en Purdeus, convivimos na Fábrica da luz, e contemplamos o outono pletórico no seu máis intenso esplendor. Choveu? Non, tan só caían gotas que resbalaban sobre nos como se fose auga de maio. En fin, dous días na compaña da xente máis espléndida e completa que se poidese desexar.
Momentos relaxantes practicando ioga. Non chovía
Anécdota: Sorprendeunos saber que nunha pequena aldea de Parada do Sil chamada Barxa Cova,a Misa dominical está oficiada por unha veciña, galega rexa como a terra; chámase Esperanza, e, como non? négase a pasar sen misa porque non hai curas que vaian a oficiar. Asi que, que tomando a tixola polo mango, nin curta nin perezosa di Misa cada domingo para os nove veciños do lugar. Será cuestión de avisar as feministas católicas cansas de reivindicar ante a Iglesia a igualdade no que atinxe ao acceso ao sacerdocio.
Viñemos cansas pero felices, tanto é así que no vindeiro mes de maio ímolo repetir. Cultura, gastronomía, paz e convivencia alonxándonos da violencia insoportable que está ahí, cerca, amenaza permanente sempre acechando as víctimas máis inocentes: as mulleres