Asociación para a participación das mulleres

Xornada contra a violencia na Ribeira Sacra ourensá

Ribeira Sacra

                                     O Outono na Ribeira Sacra luce maxestuoso

                             Facendo a ruta do Rio Mao podemos ver o encontró deste rio co Sil

 

Espléndido fin de semana na Ribeira Sacra, onde fixemos de todo: meditación, Ioga, gozamos da Festa da Pisa en Purdeus, convivimos na Fábrica da luz, e contemplamos o outono pletórico no seu máis intenso esplendor. Choveu? Non, tan só caían gotas que resbalaban sobre nos como se fose auga de maio. En fin, dous días na compaña da xente máis espléndida e completa que se poidese desexar.

 

Ribeira Sacra Ioga

Momentos relaxantes practicando ioga. Non chovía

Anécdota: Sorprendeunos saber  que nunha pequena aldea de Parada do Sil  chamada Barxa Cova,a Misa dominical está oficiada por unha veciña, galega rexa como a terra; chámase Esperanza, e, como non? négase a pasar sen misa porque non hai curas que vaian a oficiar. Asi que, que tomando a tixola polo mango, nin curta nin perezosa di  Misa cada domingo para os nove veciños do lugar. Será cuestión de avisar as feministas católicas cansas de reivindicar ante a Iglesia  a igualdade no que atinxe ao acceso ao sacerdocio.

Viñemos cansas pero felices, tanto é así que no vindeiro mes de  maio ímolo repetir. Cultura, gastronomía, paz e convivencia alonxándonos da violencia insoportable que está ahí, cerca, amenaza permanente sempre acechando as víctimas máis inocentes: as mulleres

No Comments Yet

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*