O pasado 4 de novembro asistimos en Santiago a Unha xornada Debate sobre o recén aprobado Paxto de Estado Contra a Violencia de Xénero. Esta Xornada estivo organizada poloColectivo Feminista de Pontevedra, organización que está integrada por varias asociacións feministas entre as que se encontra Teenses Pola Igualdade
Durante varias horas participaron no debate representantes dos partidos políticos que traballaron na subcomisión para a redacción do Pacto de Estado entre as que se atopaban Dores Galovar (PSOE), Marián García (PP), Ángela Rodríguez (Unidos Podemos), Olga Louzao (Cidadáns), ademais de Begoña San José, co fundadora de Forum de política Feminista, e María Paz Filgueira, maxistrada de Violencia contra a Muller en Vigo. Patricia Díaz, presidenta do Colectivo Feminista, foi a encargada da presentación sobre o pacto aprobado o 28 de setembro pasado facendo fincapé na necesidade de estudar o impacto que a súa aplicación terá na sociedade en xeral e na situación das mulleres e as súas descendentes como vítimas da violencia machista.
. |