Asociación para a participación das mulleres

Xornada de Analise do Pacto de Estado contra a Violencia de Género

 

 

O pasado 4 de novembro asistimos en Santiago a Unha xornada Debate sobre o recén aprobado Paxto de Estado Contra a Violencia de Xénero. Esta Xornada estivo organizada poloColectivo Feminista de Pontevedra, organización que está integrada por varias asociacións feministas entre as que se encontra Teenses Pola Igualdade

 

Durante varias horas participaron no debate representantes dos partidos políticos  que traballaron na subcomisión para a redacción do Pacto de Estado entre as que se atopaban  Dores Galovar (PSOE), Marián García (PP), Ángela Rodríguez (Unidos Podemos), Olga Louzao (Cidadáns), ademais de Begoña San José, co fundadora de Forum de política Feminista, e María Paz Filgueira, maxistrada de Violencia contra a Muller en Vigo.

Patricia Díaz, presidenta do Colectivo Feminista,  foi  a encargada da presentación sobre o pacto aprobado o 28 de setembro pasado facendo fincapé na necesidade de estudar o  impacto que a súa aplicación terá  na sociedade en xeral e na situación das mulleres e as súas descendentes como vítimas da violencia machista.

 


O  debate centrouse sobre todo, en analizar as principais medidas aprobadas e o grado de cumprimento do Convenio de Estambul. Ademais, observaranse as carencias e avances que conlleva o Pacto de Estado, á vez que se verá como se aplicará nas distintas comunidades autonómas. Tamén se tratouse un dos temas máis controvertidos respecto ao Pacto de Estado, que se centra en explicar as causas da non inclusión das formas de violencia contra a muller que non foron incluídas: a prostitución e os ventres de aluguer.

.

 

Non se atoparon comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*