Saída ben cedo ata Lobios onde nos estaban esperando a nosa micóloga, Merche Nodar, e a nosa nova amiga Marta González, nativa da zona e una experta guía que nos procurou duas xornadas inesquecibles.
Visitamos pola mañá a zona de Compostela(Lobios) onde comezamos a atoparnos cos cogumelos máis incribles, sobre todo na que chaman «Casa Encantada da Escudella» que pertence ás Lendas máis antigas de Galicia, pois din que alí viven dous fantasmas e mesmo que os cans téñenlle tanto medo que non se atreven a penetrar nas imponentes ruinas da casa. Curiosamente, a maleza inundouna toda ela agás a capela que se conserva en bastantes boas condicións.
Tras esta intrigante visita adentrámonos na Serra e empezamos a recoller cogumelos tan extraordinarios que mesmo a nosa micóloga mostrouse abraída das múltiples variedades existentes.
Restos da Capela da Casa da Escudella
Seguemos ruta monte abaixo ata chegar ao río Vilameá, pertecente á cuenca hidrográfica do río Limia. Poidemos contemplar parte dos doce muiños distribuídos a ambas márxes do rio; e todos eles no Parque Natural do Xurés.
Repoñemos forzas no restaurante O Lusitano que nos serveu un espléndido e variedo xantar.
Xa pola tarde achegámonos ao veciño pobo de Lindoso xa en Portugal, onde disfrutamos contemplando o seu espléndido e ben conservado Castelo, así como a orixinalidade dos seus 67 milleiros( hórreos) caprichosamente colocados na parte central do pobo. Milleiros de Lindoso co seu Castelo ao fondo
A continuación achegámonos as termas de Santa Comba de Bande, onde o grupo parteuse en dous: unha xente foise a visitar a Vila Aqua (restos da cidá romana) Mentres outra parte preferiron tomar un reconfortante baño ao aar libre.
O domingo adicámolo a visitar a Igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, onde una veciña abrea aos visitantes en plan voluntariado. Esta joya do século VII da nosa era está esquecida polas autoridades clericales e as do Goberno da Xunta, pois mesmo as tellas levantadas fan que no inverno penetre sen remedio, a choiva no seu interior.
Interior da capela visigótica coa imaxe de San Blas e estupendas pinturas na pedra.
Tivemos sorte, pois ao ser domingo podemos visitar en Entrimo a súa imponente igresa de Santa María A Real, espectacular conxunto, da arquitectura barroca que debería ser más coñecida en toda Galicia, e mesmo en España, xa que non hai outras columnas en granito semenllantes, como as que soportan o espectacular retablo en pedra na entrada do templo.
Templo de Sta. María a Real en Entrimo
O periplo acabámolo ¿Cómo non? cruzando de novo a Raia para degustar o típico e exquisito bacalao á portuguesa
En resumen, un fermoso e ben aproveitado fin de semana, no que ata o tempo, foi xeneroso coa xente visitante..