Asociación para a participación das mulleres

Viaxe ao Xures

 

Saída ben cedo ata Lobios onde nos estaban esperando a nosa micóloga, Merche Nodar, e a nosa nova amiga Marta González, nativa da zona e una experta guía que nos procurou duas xornadas inesquecibles.

Visitamos pola mañá a zona de Compostela(Lobios) onde comezamos a atoparnos cos cogumelos máis incribles, sobre todo na que chaman «Casa Encantada da Escudella» que pertence ás Lendas máis antigas de Galicia, pois din que alí viven dous fantasmas e mesmo que os cans téñenlle tanto medo que non se atreven a penetrar nas imponentes ruinas da casa. Curiosamente, a maleza inundouna toda ela agás a capela que se conserva en bastantes boas condicións.

Tras esta intrigante visita adentrámonos na Serra e empezamos a recoller cogumelos tan extraordinarios que mesmo a nosa micóloga mostrouse  abraída das múltiples variedades existentes.

 

Xurés capela da Escudella

Restos da Capela da Casa da Escudella

Seguemos ruta monte abaixo ata chegar ao  río Vilameá, pertecente  á cuenca hidrográfica do río Limia. Poidemos contemplar parte dos doce muiños distribuídos a ambas márxes  do rio; e todos eles no Parque Natural do Xurés. 
Xurés 4XurésRepoñemos forzas no restaurante O Lusitano que nos serveu un espléndido e variedo xantar.

Xa pola tarde achegámonos ao veciño pobo de Lindoso xa en Portugal, onde disfrutamos contemplando o seu espléndido e ben conservado Castelo, así como a orixinalidade dos seus 67 milleiros( hórreos) caprichosamente colocados na parte central do pobo.Xurés espigueiros de Lindoso                            Milleiros de Lindoso co seu Castelo ao fondo

A continuación achegámonos as termas de Santa Comba de Bande, onde o grupo parteuse en dous: unha xente foise  a visitar a Vila Aqua (restos da cidá romana) Mentres outra parte preferiron tomar un reconfortante baño ao aar libre.

Xurés Via Aqua

O domingo adicámolo a visitar a Igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, onde una veciña abrea aos visitantes en plan voluntariado. Esta joya do século VII da nosa era está esquecida polas autoridades clericales e as do Goberno da Xunta, pois mesmo as tellas levantadas fan que no inverno penetre sen remedio, a choiva no seu interior.

Capela visigótica

Interior da capela visigótica coa imaxe de San Blas e estupendas pinturas na pedra.

Tivemos sorte, pois ao ser domingo podemos visitar en Entrimo  a súa imponente  igresa de Santa María A Real, espectacular conxunto, da arquitectura barroca que debería ser más coñecida en toda Galicia, e mesmo en España,  xa que  non hai outras columnas en granito semenllantes, como as que  soportan o espectacular retablo en pedra na entrada do templo.
Xures Entrimo                                Templo de Sta. María a Real en Entrimo

O periplo acabámolo ¿Cómo non? cruzando de novo a Raia para degustar o típico e exquisito bacalao á portuguesa

En resumen, un fermoso e ben aproveitado fin de semana, no que ata o tempo, foi xeneroso coa xente visitante..

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*