Asociación para a participación das mulleres

Teo rendeu homenaxe as súas mulleres

IMG_20170311_172251Onte celebramos o Día Internacional das Mulleres cosa nosa Festa particular.

A tarde trancorreo con ledicia e entretemento xa que poidemos disfrutar coas pandereteiras de Sollans, as menudas bailarinas de Recreativa da Calo, os gaiteiros de A Mámoa de Luou, o grupo Pop da Asociación de Gandeiros de Calo, as marabillosas voces da Coral Aleceia dos Tilos, os contos da Sra. María aportada por A REgionalista, O grupo de gaitas do Rosalía de Castro de Cacheiras,….
Trala lectura do Manifesto por parte da presidenta tivo lugar un recoñecemento a unha das nosas socias, Mercedes García Noivia, mestra incansable con nenos con problemas e fundadora da Asociación da Asociación de Pais e nenos con problemas intelectuales, Aspamite de Teo.

IMG_20170311_172127O final houbo merenda ofertada por establecementos de hostalaría de Teo e rematamos cun baile de salón a cargo dun disckockey.
O final do sía rematamos cansas, pero felices pola gran acollida que cada ano a cidadanía teenses lle da a nosas festa.

MANIFESTO 2017
MANIFESTO DE TEENSES POLA IGUALDADE
ANTE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2017

Como asociación mixta formada por mulleres e homes temos presente que a igualdade de oportunidades nos traballos, nos salarios, nos servizos de gardería ou na asistencia e coidados aos nosos maiores deberá ser similar para homes e mulleres. Tamén pensamos que para manter ou mellorar a calidade de vida das persoas, será necesario promover e apoiar políticas que faciliten o acceso aos servizos públicos, sen facer distincións entre o medio rural e o urbano. SE TEMOS AS MESMAS OBRIGACIÓNS, TAMÉN DEBERÍAMOS TER OS MESMOS DEREITOS.

Mercedes García Novio dirixindose emocionada ao público

Mercedes García Novio dirixindose emocionada ao público

Por iso estamos traballando para:
– Que tanto as mulleres como os homes gocen de medidas efectivas de conciliación entre a vida laboral e familiar
– Para que tanto os homes coma as mulleres se corresponsabilicen nas súas responsabilidades e obrigas familiares.
– Para que as mulleres teñan presenza real nos ámbitos políticos, empresariais, sociais e económicos, a lo menos, nas mesmas proporcións que os homes; eliminando a brecha de desigualdade tan inxusta na que vivimos actualmente.

Mostraremos a nosa disposición para que, dunha vez por todas, se apliquen medidas que impidan que calquera institución, sexa pública ou privada, poda utilizar os corpos das mulleres como se fosen obxectos ou xoguetes sexuais de reclamo publicitario nas súas campañas de marketing.

Cartel festa 2017 pequeño

Traballamos porque temos un soño: mellorar o noso presente pero tamén traballamos para mellorar o futuro que herdarán as vindeiras xeracións. Lograr unha sociedade máis xusta, próspera e igualitaria e unha tarefa na que debemos e podemos estar todos, homes e mulleres, e na que paga a pena embarcarse; por iso, invítovos a facelo.

Invítovos a loitar connosco para lograr un mundo máis libre, democrático e igualitario. É sinxelo e o temos ao alcance da man. Pequenas accións no noso entorno bastarían:
– Non consintas que na túa presenza se cometa una agresión contra unha muller, sexa física ou verbal.
– Non consintas na túa presenza chistes ou palabras vexatorias contra as mulleres.
– Educa en igualdade aos teus fillos e fillas.
– Respecta a liberdade de decisión, expresión e actuación das mulleres do teu entorno.
– Non permitas que na túa presenza un ser humano sexa discriminado por outras razón que non sexan a propia valía o méritos persoais.
– Etc.

Hoxe, as mulleres das asociacións de Teo, estamos aquí un ano máis para celebrar o 8 de Marzo, o Día Internacional da Mulleres Traballadoras, QUE SOMOS TODAS, e para recordar o que nos une e o que buscamos: Que todas as mulleres podan vivir libres e en paz.
POLA PAZ E POLA IGUALDADE; VIVAN AS MULLERES DE TEO

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*