Asociación para a participación das mulleres

VII FESTA DAS MULLERES 2017

Cartel festa 2017 pequeño

Teenses Pola Igualdade, acompañad@s por outras 14 asociación de Teo, dispoñémonos un ano máis a celebrar a Festa das Mulleres, que non quere ser outra cousa mais que converterse nunha homenaxe a tódalas mulleres anónimas que en silencio fan posible a boa marcha da organización social e política do medio no que vivimos.

Tamén a Festa vai ser un desagravio sinxelo para tantas e tantas  mulleres que a cotío son maltratadas, humilladas e asesinadas a mans de homes que algún día dixeron amalas sumindo no terror e na desgracia a moitas das familias afectadas.

Ao mellor desenrolo da Festa contribuen diferentes establecementos comerciais de Teo, a saber:

PANADERIA SAN JOSÉ DE CACHEIRAS

PANADERIA SOLLANS

PANADERIA BOLLERIA CARMELA DE LUOU

PANADERIA DEMETRIO

SUPERMERCADO PERNAS

GADIS DAS GALANAS

EROSKI SANTA MARTA

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*