Chega o outono e as actividades asociadas a esta estación do ano na que o monte está máis pintoresco e fermoso ca nunca.
En Teenses pola Igualdade agardámoste o vindeiro 26 de outubro ás 10 da mañá en Pontevea, onde levaremos a cabo unha andaina na que teremos ocasión de aprender os segredos dos cogomelos da man dunha experta. Unha vez finalizada a recollida, degustaremos a nosa colleita.
![](http://teensespolaigualdade.org/wp-content/uploads/2019/10/thumbnail_Screenshot_20191006_215832_com.google.android.apps_.docs1_.jpg)