A doutora Charo Vázquez participou un ano máis nun encontro organizado por Teenses pola Igualdade. Nesta ocasión falounos da hipertensión, das súas orixes e síntomas, do seu tratamento e os seus riscos. Tras a charla, sempre amena e didáctica, tivo lugar un interesante debate co público asistente.