Asociación para a participación das mulleres

Socias e socios de Teenses pola Igualdade aprenderon a manexar o estrés nun obradoiro sobre técnicas de relaxación


Nunha sociedade moi esixente no eido laboral, familiar e persoal, aprender a relaxarse e atopar tempo para un mesmo resulta fundamental para afrontar o día a día e acadar unha vida saudable e emocionalmente equilibrada.

Eva María Rodríguez Vicente, psicóloga xurídico-forense, vén de impartir en Teenses pola Igualdade un obradoiro de técnicas de relaxación. Neste curso alumnas e alumnos aprenderon a equilibrar o sistema nervioso, aliviar as tensións corporais, emocionais e mentais, e practicar técnicas de relaxación facilmente incorporables á vida diaria.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*