Asociación para a participación das mulleres

O acto de entrega dos Premios María Mariño terá lugar o 20 de maio á tardiña

As socias e socios de Teenses pola Igualdade estades convidadas á entrega de premios do Certame de Poesía María Mariño 2022. O acto terá lugar o vindeiro venres 20 de maio ás 21h no Hotel Congreso (Teo). Neste encontro literario desfrutaremos dos versos recitados polos autores premiados na actual edición, Francisco Fernández Dávila e Inmaculada Núñez, así como de poemas de María Mariño na voz de Elisa Barreiro.

Aquelas persoas que desexen confirmar asistencia deben remitir un correo a teensespi@gmail.com antes do 15 de maio.

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*