Asociación para a participación das mulleres

Unha festa da palabra fermosa e emotiva

O pasado venres 20 de maio tivo lugar no Hotel Congreso de Teo a entrega de premios da VIII Edición do Certame de Poesía María Mariño, organizado pola nosa Asociación. O acto contou coa presenza dos autores premiados, Francisco Fernández Dávila e Inmaculada Núñez, de tres membros do xurado, os escritoes Beatriz García Turnes, Rosalía Morlán e Miguel Melero, así como de representantes institucionais e políticos do ámbito da cultura procedentes de Teo e concellos limítrofes.

O encontro foi unha fermosa e emotiva celebración das nosas letras e reuniu a máis de cincuenta persoas que gozaron da lectura dos poemas gañadores na voz dos seus autores. A xeito de broche final a recitadora Elisa Barreiro leu varios poemas de María Mariño, a autora que dá nome ao certame.

A Vagoneta Educativa e o Pernas Multicentro foron as entidades patrocinadoras desta oitava edición.

Os autores premiados xunto cos membros do xurado, as autoridades e a xunta directiva en funcións de Teenses pola Igualdade.

A vicepresidenta en funcións de TI xunto con Inmaculada Núñez, segundo premio
A vicepresidenta en funcións de TI entregando o primeiro premio
Imaxe do público asistente
Elisa Barreiro recitando poemas de María Mariño

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*