Por María Teresa Iglesias Yugat (1)
2º Premio Certamen Marí Mariño 2015
Non quero….
Non quero sentir o peso pesado do fardo da culpa
Sobre o meu lombo aínda ergueito
As pálpebras lisas delineadas de eye-liner
Coa careta antienrugas dos días que non choro
Por non sair airosa do impasse Saesepodes
No que estou
Empantanada na lama
Existencial do erro
E berro
Na cámara insonorizada
Recuberta de cortizas espesas
Tendentes a impedir que saian polas fendas
Vapores liofilizados imposibles
Testemuñas hibernadas en prisión
Sen (con ) fianza
Non quero cansarme máis de finxir actriz frustrada
Consumada
Exhausta
Consumida
De poñer cada mañá o disfrace sexi
Fashionista camuflando desengaños
Julia Roberts filmando mentiras a cotío
Espertando envexas trabucadas
Frustracións na dieta cardiosaudable
Publicidade, non, grazas
Non se admite
Mais non
Escoito consellos que non sigo
Autoaxudas en libros que non leo
Best Seller nas cabeceiras do Corte Inglés
Violencias alleas interiors como propias
Números ordinais feitos de carne
En fractais desintegradas
Nomes-siglas na sección de sucesos
Raio que non cesa
Non quero ver inimigos nos colegas nin amigos aldraxantes
Non quero emparanoiarme con ninguén
Comprando sociedades avanzadas
No terror
Tribos exóticas primitivas nas antípodas Cono Sur
Confrontar estatísticas
Datos incontables no cómputo artificial
Frío nónimo fluctuante
Subebaixas
Baixas
Sumisión
Dominación
Ying e Yang, Ti e máis eu. Ti tamén. Eu non.
Encontros entrecanados de lueiros plenilunio
Con data de caducidadede de Nós
Outra volta individuais
Máis sós
Piercing furando
Todo é para sempre: Surealismo demodé
Nada
Sen ti non podo QUE?
Contigo tampouco E?
Falacias – Piercing furando
Gurrando
Desprazando realidades
Outras
Superstición atávicas enganchadas na banda sonora (presaxios)
Do filme subtitulado de estereotipos-clichés-trampas
Determinates-Posesivos
Masculinos- Femininos
Verbalmente colocados
Sintácticamente errados
En versión orixina´l
Logaritmos defectivos deformados en solución falaces
Oscares de fumes
Nobeis de guerra
Chomsky de pacotilla
Non (te) quero
(1)
- O poema e propiedade da Asociación Teenses Pola Igualdade destiñado a ser editado nunha recopilación de poemas gañadores