Asociación para a participación das mulleres

MANIFESTO FESTA DAS MULLERES

Amigas e amigos, vémonos aquí un ano máis( e xa van nove) para celebrar conxuntamente o noso día, o día de ledicia no que aparcamos as nosas tarefas diarias e dispoñémonos a celebrar conxuntamente eses pequenos logros igualitarios que imos conquistando pouco a pouco gracias a nosa permanente e teimuda acción reivindicativa.

Non cabe dúbida que para a celebración de este ano móvenos unha doble motivación. fai tan só 8 días no que miles e miles de cidadás e cidadans, puxeron nos anales da historia este 8 M 2019 tomando as rúas das cidades, pobos e aldeas para reclamar a igualdade, rachar cos teitos de cristal, e acabar coa lacra da violencia de xénero, entre outras moitas eivindicacións históricas.
Hoxe, as xentes de Teo imos cantar, bailar, rir e divirtirnos, pero mañá sin falta as e os Teenses reincorporaremosnos ao traballo de sempre, a loita diaria por un mundo igualitario que é motivo da nosa razón de ser, de existir.
Non hai que esquecer ni por un momento que o patriarcado enemigo declarado da liberdade das mulleres, segue a súa cruzada contra os nosos dereitos de forma perversa e intencionada e atacan de novo: feminismo liberal?, ideoloxía de xénero?, ¿regulación da prostitución?, ventres de alquiler?…. A que vos sona todo iso .
Non imos parar ata que que todalas mulleres, todas desperten do sono patriarcal e se rebelen, e que os homes a un tempo, abran os seus ollos e vexan dunha vez que sufrimos violencia en múltiples formas, e que non deben poñerse á defensiva porque eles non son o inimigo, non hai inimigo. O inimigo é un sistema que nos oprime a todos: a nós colocándonos como cidadás de segunda, e a a vós educándovos na violencia, xa sexa simbólica ou non”.
Por un mundo igualitario y sin violencias, a festa continua

Rosa Gömez Limia- 16 de marzo de 2019

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*