O pasado domingo día 23, tivo lugar no Auditorio Municipal da Ramallosa, a estrea da obra teatral Dez Baixo Cero a cargo do grupo Martabelas da nosa Escola de Teatro.
Sobre o escenario a impresionante presencia de dez actrices e un actor foron capaces de encandilar ao público coa posta en escena dun drama referente das miserias humanas patrocinadas pola codicia a as envexas humanas.
Para nos foi un satisfacción contemplar o auditorio ateigado de espectadores que fixeron interrupción do traballo teatral con aplausos en varios momentos da representación.
A obra Dez Baixo Cero dirixida por Xurxo Barcala, desenvolveuse máis que correctamente en canto a cadros escénicos, expresion corporal, dicción e vestuario de Martabelas.
Ao final do acto parte do público acercouse a dar os parabéns ao elenco escénico