O Grupo de Teatro da nosa Asociación Martabelas, puxo en escena onte día 5 no Palacio de Cultura do Concello de Serra de Outes, a súa aplaudida obra, Dez Baixo Cero.
O numeroso público presente na sala aplaudiu con entusiasmo a hábil posta en escena así como a actuación do cadro artístico dirixido por Xurxo Barcala fixeron que esta última representación de «Dez baixo cero» convertésese nunha despedida entrañable e emotiva cara a un futuro repleto de proxectos teatrais.
O noso agradecemento tamén á organización e aos nosos seguidores incondicionais que dunha maneira ou outra sempre están connosco.
Grazas e ata sempre amigos de Serra de Outes!