Asociación para a participación das mulleres

Comeza o curso intensivo de técnicas de relaxación

O vindeiro 17 de xaneiro en Teenses pola Igualdade dará comezo o Curso Intensivo de Técnicas de Relaxación. Esta formación constará de catro sesións e será impartida por Eva María Rodríguez Vicente, psicóloga xurídico-forense.

Conseguir equilibrar o sistema nervioso, aliviar as tensións corporais, emocionais e mentais, e aprender e practicar técnicas de relaxación facilmente incorporables á vida diaria para dominar a tensión e a ansiedade son algúns dos obxectivos deste curso.

A información práctica é a seguinte:

Sesións: 17, 24, 31 de xaneiro e 7 de febreiro

Horario: de 20 a 22 h

Lugar: sede de Teenses pola Igualdade (Luou-Teo)

Prezo das catro sesións: 25€ (para persoas asociadas a Teenses pola Igualdade; superior de non ser este o caso)

Teléfonos para inscrición: 981800114 / 676052321 / 653103194

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*