O pasado día 17 de novembro a nosa Asociación celebrou un acto por mor do Día Internacional de Loita Contraa Violencia de Xénero. O Acto, que tivo lugar no Club dos Tilos, foi pesentado polo seu presidente D. Javier Crespán que tivo a xentileza de adicarnos o seguinte poema coa súa correspondente adicatoria, e que foi estupendamente recitado por unha das compoñentes de » Palabras Vivas»
Adicado a Teenses Pola Igualdade
porque a igualdade mídese en parella, cando xermina un por un
X U N T O S
Nos últimos recunchos desa noite
axugamos os latexos
naquel bico pouco apresto a espallar
segredos de vindeiras louzanías.
A herva agasalloúnos cousas novas
e a orden do rio non quixo máis traer que regalarnos
o infinito silenzo do seu ruído
Deitados repousamos,
moi por riba de calqueira tratamento de pensar,
alonxados da existencia pola forza dente intre xenuino.
A luz manchou as tebras,
pero xa tiñamos nós gañado ese recordo
que, de xeito levián, moi paseniño,
foi trocando esa fervenza xa en morriña
Javier Crespán
Teo 17 de noviembre de 2017
Rosa, con enorme cariño
Javier (autógrafo)