Marilar Aleixandre, escritora, académica e catedrática da USC, impartirá o vindeiro xoves 11 de marzo ás 20h unha conferencia titulada «Emilia Pardo Bazán: todos os dereitos para as mulleres». Dado que este ano a Asociación non pode levar a cabo a súa tradicional Festa das Mulleres, quere celebrar o Día Internacional da Muller con esta charla dixital para as súas socias e socios, que se emitirá a través da plataforma Microsoft Teams.
As persoas que desexen inscribirse unicamente deben remitir un correo electrónico ao enderezo teensespi@gmail.com para poder recibir a ligazón para unirse á conferencia.