Asociación para a participación das mulleres

Saída ecolóxica de lecer ao Xures Galaico/Portugués

 

ESTA E A PROPOSTA DE LECER PARA OS DÍAS 11 E 12 DE XUÑO

 

SABADO 11.- Pola mañá visita ao pobo de Soajo en Portugal para ver a Aira do Penedo cos seus hórreos de pedra, probablemente encenderán para nos o forno de leña comunal para facernos o mellor pan que se fai en Portugal. Despois iremos ao Santuario da Virxe da Peneda onde faremos una pequena ruta para visitar o lago. Pasaremos polo parque de Lama de Mouro para ver a porta do parque un centro de  información onde se pode ver a flora e a fauna que habitan o parque. Dende alí imos a comer a Castro Leboreiro un menú de bacalao e cabrito.

Quizáis nos sexa posible obter permiso para visitar o Centro de Interpretación do Campamento Romano.

Pola tarde faremos a ruta das Pontes Medievais,  e logo unha visita a Virxe do Xurés cunhas vistas espectaculares.

Logo visitaremos as Termas do Rio Caldo onde apetece darse una bo e relaxante baño nas súas quentiñas augas.

 Volvemos a Lobios para cenar e descansar no Hotel Lusitano que ten música para bailar para aquelas persoas que se encontren con folgos.

 

DOMINGO 12 .- Faremos a ruta etnográfica  do Puxedo, unha pequena ruta ao Traverso do pobo de Lobios para ver as súas 5 airas e os seus hórreos ademáis dunhos curiosos grafitis.

A continuación imos a fronteira portuguesa polo pobo de Tourem visitando o seu Eco-Museo, e dende ali a Pitoes para visitar o Monasterio de  Sta. María de Junias e a cascada.

En Pitoes comeremos o típico cocido da zona e os seus famosos e típicos postres

Despois da comida en Pitoes iremos averiguar o complexo hidráulico a Paredes do Río.

 

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*