Asociación para a participación das mulleres

Presentación do libro compilatorio do...

Presentación do libro compilatorio dos poemas gañadores dos certames María Mariño
O xoves 12 de decembro a escritora teense Claudia Castro, membra da Asociación Teenses pola Igualdade, presentou na biblioteca d’Os Tilos o Libro «XII Anos de Andaina do Premio de Poesía María Mariño». Esta obra recolle os poemas gañadores das seis primeiras edicións do certame literario que esta asociación convoca dende o ano 2007. [...]

Unha cita imprescindible coa poesía

Unha cita imprescindible coa poesía
O vindeiro xoves 12 de decembro ás 20h na Biblioteca d’Os Tilos terá lugar a presentación do libro compilatorio dos poemas gañadores do Certame de Poesía María Mariño, convocado por Teenses pola Igualdade. Será unha cita inesquecible na que poderemos escoitar versos recitados polas súas autoras e autores. [...]

Aprende como sacarlle partido ao teu ...

Aprende como sacarlle partido ao teu móbil
Aínda estás a tempo de inscribirte no curso Controla o teu móbil, que comezará o vindeiro luns 9 de decembro na sede de Teenses pola Igualdade, en Luou (Teo). Unicamente tes que remitir un correo a: teensespi@gmail.com. Tamén podes contactarnos nos seguintes teléfonos: 653103194 / 647189953

Conferencia de Eugenia Prendes, fisca...

Conferencia de Eugenia Prendes, fiscal de violencia de xénero en Asturias
O pasado 30 de novembro no Hotel Congreso de Teo tivemos ocasión de participar nunha charla con Eugenia Prendes, fiscala de violencia de xénero do Principado de Asturias. A presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, exerceu de anfitrioa presentando a relatora e convidando o público a participar coas súas preguntas e opinións. [...]

Mulleres contra a luz

Mulleres contra a luz
Hai mulleres que escacharon en mil anacos, que en moitos momentos quixeron deixar de existir, que se pensaron culpables cando eran vítimas. Hai mulleres que teñen a afouteza de compartir a súa experiencia de maltrato para amosar que se pode saír de situacións terribles. O pasado 23 de novembro en Teenses pola Igualdade tivemos a oportunidade [...]

Teenses pola Igualdade continúa coa s...

Teenses pola Igualdade continúa coa súa oferta formativa
Durante o curso 2019/2020 a nosa Asociación continúa a ofrecer actividades formativas. En breve comezaremos con dous cursos de interese e utilidade nos que xa podes matricularte. Podes solicitar información ou formalizar a inscrición no enderezo teensespi@gmail.com ou nos teléfonos 653103194 / 647189953 Curso APRENDE A [...]

Actos co gallo do Día Internacional d...

Actos co gallo do Día Internacional da Non Violencia de xénero
O vindeiro 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia de xénero co obxecto de denunciar a violencia exercida sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas efectivas para atallala. Como en anos anteriores, conscientes de que todas e todos desempeñamos un papel importante no camiño cara a eliminación da violencia, [...]

Recollida de cogomelos

Recollida de cogomelos
O pasado sábado 26 de outubro a nosa asociación organizou unha xornada de recollida de cogomelos da man da experta Mercedes Nodar. As persoas participantes desfrutaron dunha agradable andaina polo monte baixo un magnífico sol de outono.

Charo Vázquez fálanos da hipertensión...

Charo Vázquez fálanos da hipertensión, unha doenza cada vez máis estendida
A doutora Charo Vázquez participou un ano máis nun encontro organizado por Teenses pola Igualdade. Nesta ocasión falounos da hipertensión, das súas orixes e síntomas, do seu tratamento e os seus riscos. Tras a charla, sempre amena e didáctica, tivo lugar un interesante debate co público asistente. A doutora Charo Vázquez con Rosa Gómez L [...]

Arquivos