Asociación para a participación das mulleres

Festa de Canaval en convivencia

carnaval-9 1

O sábado día 13 no Hotel Congreso de Teo, celebramos o Carnaval cun xantar/baile que resultou todo un éxito de afluencia e de ben pasalo.

A pesares de que o día se presentou chuvioso e gris a xente teense pasouno en grande dentro dun local marabillosamente adornado para tal ocasión, onde tivemos o honor de degustar un estupendo cocido completo no que non faltou de nada: cachola, polo, costela,lacon, chourizos…

carnaval-8 1carnaval-2

Tralos postres degustar o postres típicos de carnaval deu comezo o baile onde quen más quen meno, sen improtar a idade, saiu a dar os seus pasiños bailables, ao tempo que a xente disfrazada desfilaba polo medio da xente con xeito, e algarabía total.

A festa rematou ao redor das 8:30 da noite, co noso agradecemento para o equipo traballador que tan ben e con tanta profesionalidade contribuiu a que a Festa fose un éxito na súa totalidade

No Comments Yet

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*