Asociación para a participación das mulleres

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES 2016

 

VI FESTA DAS MULLERES E DAS ASOCIACIÓNS TEENSES

CARTEL 2016 festa das mulleresComo cada ano a nosa asociación conxuntamente cun amplio espectro do asociacionismo teense, quere agasallar por un día a tódalas mulleres que fican cada día do ano agochadas no anonimato atendendo a frentes ben  diferentes como pode ser o traballo na casa, coidado da familia e dos enfermos, atención as necesidades estudiantiles dos fillos…..

Así que imos celebrar a nosa VI  Festa das Mulleres e das Asociacións o día 12 sabado na Casa Común de Raris, a partires das 5:30 conxuntamente con 15 asociacións de Teo haberá festa rachada: gaitas, baile, panderetas, corales, e….¡MERENDA!

Para rematar terá lugar un animado baile a cargo de Juán Carlos Coba un   animador/musico/cantante que xa ven participando na festa dende fai varios anos.

Moito nos gustaría que na festa houbese tantos homes como mulleres, sería unha sinal de recoñecemento colectivo moi de agradecer.

 

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*