Asociación para a participación das mulleres

Exposición Cine y Maltrato no Club de Os Tilos

O cine clásico tenos contado historias ao longo de moitos anos. Historias coas que
medramos e mesmo en moitos casos nos idenficamos.
Mais historias, asemade,relavas a un sistema patriarcal e cargadas de mensaxes que nos poden servir hoxe para levar a cabo unha reflexión máis adaptada á actualidade.
Ulizando imaxes de películas clásicas sobradamente coñecidas e relavas aos xéneros de intriga, suspense e terror, búscase asociar algúns destes relatos cinematográficos coa situación da violencia de xénero hoxe en día. Deste xeito é posible ademais acadar un maior impacto dende o punto de vista gráfico.
O obxecvo é, a través dunha pequena modificación nos carteis oficiais dalgúns filmes, vincular imaxes instaladas no imaxinario colectivo co medo e o terror que senten moitas mulleres na actualidade e que se fai moi evidente no aumento de casos de asasinato por violencia de xénero.
O feito de escoller películas de terror, intriga e suspense busca lograr que o problema
da violencia de xénero se reflicta co nivel de gravidade que merece. Que calquera persoa poida verse reflecda e levar a cabo unha reflexión sobre a situación que vive e que, en última instancia, axude a discernir unha actude propia que poida desencadear nun novo monstro ou nunha nova víma.
Trátase de incidir nun problema tan serio como o do maltrato machista, un problema
ao que se suman cada vez máis vímas e para o que quizais sexa convinte resaltar a parte máis anguriosa que o caracteriza. É evidente que o terror acompaña a cada caso de morte por violencia de xénero, mais tamén está presente na vida cotidiá de
moitas familias.
Cando o número de asasinatos por violencia machista se está achegando ao número de mortes por violencia terrorista de ETA, pensamos que como mulleres nos merecemos máis respecto por parte das autoridades que, cun minuto de silencio, calan as súas conciencias cando está nas súas mans poñer as medidas axeitadas a un problema tan cruel como intolerable. Así, pensamos que quizais sexa hora de comezar a falar de TERRORISMO MACHISTA.
Na proposta inclúense carteis de cine con temáticas diferentes, de maneira que se
poida pór de manifesto, entre outros aspectos, a importancia da falla de autoestima

nas mulleres coma unha parte moi importante do problema do maltrato.
Mariana Rey Blázquez
Antropóloga

 

 

Intervención de Rosa GómezLimia

A Exposición foi inaugurada no Club os Tilos e componse de 25 cadros cuia autoria corresponde a Lola Blázquez Míguez, membra da nosa Xunta Directiva e colaboradora incansable.

Inaugurouse cunha palabras do Presidente do Club, Javier Crespán Gpoicoechea quen tivo Tamén tomou a palabra a presidenta de Teenses, Rosa Gómez Limia, quen recordou que cotra o maltrato machista tódolos medios están a ser insuficientes.

O Broche de ouro puxerono tres mulleres rapsodas do grupo Palabras Vivas que recitaron con gran emoción poemas de poetas galegas referentes ao mal trato ás mulleres.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*