Asociación para a participación das mulleres

Estación de Autobuses Estreno teatral de Aspamite

 

O pasado día 18 de novembro invitad@s pola Directiva de Aspamite acudimos ao Auditorio de Galicia para contemplar a estrea da  última obra preparada para esta oacasión.

Aspamite é unha asociación teenses que acolle no seu seo a rapazas e rapaces con discapacidad funcional e que entre outras moitas actividades utiliza as artes escénicas como medio de integración e rehabilitación terapéutica.

Durante casi duas horas poidemos disfrutar coas  obras presentadas, por un lado Estación de _Autobuses acompañada da orquesta Sounspainting Teo, dirixida por Xacobe Martíez e impulsada polo Grupo Chévere, e por outro unha proxección audiovisual na que participan todos os usuarios do centro

 

Estación de Autobuses é unha adaptación da obra de Socorro Tajes Fernández.  O seu argumento recolle unha estación do futuro onde as personaxes están sometidas a estritas e absurdas normas de comportamento. E, de feito, a trama da obra é atopar a un viaxeiro que ten agachado un casete (elemento liberador, que vincula as personaxes coas emocións

Saímos encantadas e disfrutamos coa representación  que unimos ao noso desexo de colaborar coa entidade Aspamite. Moi de agradecer a colaboración do Grupo Chévere, compañía teatral residente en Teo, que participou activamente para que a representación e posta en escena resultase ser un éxito total

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*