Magnífica e produtiva a tarde de onte en Teenses Pola Igualdade. Acompañounos a sabedoría e don de xentes da doutora Charo Vázquez que encandeou ao público co seu verbo suave e sobre todo cos seus inmensos coñecementos sobre os trastornos que acompañan ás mulleres nos momentos decisivos da súa vida cando comezan os síntomas da menopausa. Dieta, alimentación e exercicio foron as pautas sobre as que discorreu a súa intervención. Finalizado o acto a xente non tiña ningunha présa por levantarse dos seus asentos, iso que levabamos dúas horas de conferencia e coloquio