Por Oscar García Ramos (1)
Iº Premio María Mariño 2015
Ven Comigo amor
Bailaremos tangos novos na soleira esquecida do inevitábel
Os devexos inzan recalcitrantes como serpes do paraíso
E as esperas eclosionan salgadas e quentes como flocos de millo
Ven e devoraremos as mazásubicuas
Celebrando cada día a véspera da grande bouffe
O tempo pode ser medido en centímetros
Mais tarde ou cedo as rosas suicidas acaban por non atopar o seu destino
Sempre e por toda a parte.
II
Andan os cerbos desorballando encontros como papoulas miña amiga
As frolidas avelaneiras ofician de alcoitas neste leixaprén da primavera
As mesmas verdes ervas, celosas do teu corpo, quixerante eterna Penélope a liar d´ouro´os(os teus cabelos
E as exhaustas fontanas rebordan agora escanciando nun só verso
O teu desexo
Chaman por min madre
Acaso nos fostes vós xacando lasciva auga volvida nalgún paralelismo antigo?
III
As mazás son ubicuas
Nacen do teu sexo e proliferan como formigas
Como paxaros desorientados na hora da Apocalipse
Suicidas, corren a inmolarse a plena luz do día
Entre os eunucos ebrios de indiferenza
Funámbulas polos arames dos tellados improvisan equilibrios
Alí onde os gatos de Ulthar devoran as palabras primixenias
Impúdicas, tenden a exhibirse nos mortuorio escaparates da concupiscencia
Alí, xusto alí onde sempre se reencontran as nosas ausencias
IV
Un lapis de labios ás veces
Nada fóra do normal
Tamén o máis común, o evidente:
Sabas nerviosas como palimpsestos virxinais na procura do repetido
Os románticos solppores préstanme máis agora liofilizados ou en tetrabrik
As fitas, as gomas do pelo de Lolita aínda non por exemplo
Nada de extraordinario
A purpurina das stripers ten un sabor amargo se te paras a pensalo
Prefiro con Flaubert o zapato esquerdo de madame Bovary
Ven e xoguemos hoxe que chove
Olla como Ofelia foxe dos lirios brancos e das margaridas
Paporrubios irados agroman xa do seu ventre
Mentres ela insaciabél vai devorando as incertezas todas
Inzan as mazás, xaora
As fillas de Lot fan para nós danzas lascivas coa Balteira
E a propia Eva non se arrepinte de nada
Mentres os inquisidores sucumben ao canto das sereas
E os quelarren dos papas entreteñen a Capela Sistina
Olla como a bela sodomiza ao marques de Sade
No teatro falso da burguesía
Ven e soguemos hoxe que chove
A última decisión sobre os deuses certos
Está sempre nas mans da idolatría
VI
Desculpa meu amor
Non ía falarche destes asuntos
Non hoxe, non aquí
Mais eles non se van
Non desaparecen
Os cadáveres dos mortos nunca epitafiados
Teimudos como plusvalías infanticidas
Escriben cada minutos manifestos nos kits
De colonia dos brillantes escaparates
Infectados de miseria
Os seus corpos tumefactos amoréanse como viandas nas mesas dos executivos
Mentres os fillos agardan a súa quenda
E a estatua da liberdade continúa mexando Coca-Cola
As utopías seica foron xa todas en ningures
E os antiséptivos balorecen corruptos de eficiencia
Os pulcros convidados ao banquete
Reciben con hyrras a globalización da gangrena
Brazos e pernas e bocas e ollos e dentes amputados
Lamben os buracos mentras xogan ao novo monopolaccesible e solidario
Porque nunca a norte resultou tan conveniente, ecolóxica e sostible.
coa
VI
Cando o teu sorriso pon cerco ás miñas soidades
Cando a ausencia desennobela praceres que xacían ocultos no falso fondo dalgunha arela
Cando todo é novo
Cando todo é vello e cómplice
E un verso insospeitado recha coa monotonía do paralelismo
Cando as mazás relativas transgriden o espazo-tempo como manteiga
Cando xogamos paporrubios e aquelarres e incertezas e idolatrías
Cando acontece nas verdes herbas miña amiga
Cando o teu bazo scripta aloumiños no vidro lascivo dos meus ollos
Cando son pintalabios e sabas e solpores e fitas e purpurina e zapatos esquerdos
Cando son premeditación e aleivosía ficamos impunes do delirio de querernos
Aínda que nos ameacen todas as gangrenas do imprescindible
Por toda a parte e sempre
( 1)O poema e propiedade da Asociación Teenses Pola Igualdade destiñado a ser editado nunha recopilación de poemas gañadores nas distintas Edicións do Premio María Mariño