Alvariza en plena actuación
As 12 en punto do pasado día 13 abríronse as portas do Pavillón da Ramallosa para dar acollida a un bó número de expositores que esa mañán desafiaban a friaxe invernal para ´facer unha mostra ben completa de materiais de toda clase: roupa, cacharros, xoguetes, obxectos de decoración, libros….
Durante as horas da mañá foron constantes as visitas ao noso «stand» e fixemos unha boa saída de libros, non tanto así pola tarde que xa decaeron as visitas notablemente.
A nota lúdica a puxeron os rapaces de Alvariza que durante un bó rato deleitáronnos con esa preciosa maneira que eles teñen de musicar cancións de hoxe e de sempre que mesmo consegueron que parte do público arrincárase a bailar na pista.
Pensamos que de seguir así o mercadiño irá consolidándose e acadando cada vez máis, o éxito que se pretende