Asociación para a participación das mulleres

Mulleres artistas contra a Violencia de XéneroEDIT

Clausura da Exposición:Exposición pequeña – Mulleres Artistas Plásticas Implicadas Contra Violencia de Xénero-

Entre os actos reinvindicativos inherentes á loita contra a violencia cara ás mulleres, Teenses Pola Igualdade inaugurou unha Exposición que permaneceu aberta ata o pasado día 10 de decembro na Cafeteria “A Santa Sé” dá Ramallosa.

Ca citada data procedemos a clausura da exposición que despertou o interés do público en xeral e dos profesionais en particular.

Artistas Participantes: Estrela Rua- Oleo sobre tea Mª José Domínguez- Escultura alegórica Puri Gómez Galiñanes- Oleo sobre lenzo Cristina Carou- Oleo sobre lenzo Mercedes Molares:Escultura Plana Viki Rivadulla:Oleo sobre lenzo Mari Vega: Fotografía artística reivindicativa Natalia Lampón: Fotografía artística reivindicativa Todas as artistas aparecen reflectidas no libro “1000 Mulleres Galegas Artistas Emerxentes” resultado da acción investigadora que durante varios anos percorreron a xeografía galega en busca de mulleres artistas aínda emerxentes, é dicir non coñecidas para o gran público. Rosa Gómez Limia como xornalista e redactora, Patricia Núñez como supervisora e investigadora Natalia Lampón, como deseñadora e maquetadora e Teenses Pola Igualdade como editora, puxeron na rúa a obra no ano 2009 O traballo conseguiu os resultados perseguidos e a obra de moitas das autoras naquel momento emerxentes, gozan hoxe xa dun merecido renome chegando algunhas, a expoñer en cidades da importancia de París, Nova York, Madrid…etc.