Asociación para a participación das mulleres

Teenses pola Igualdade pecha 2019 con numerosas actividades

A Asociación Teenses pola Igualdade celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria o pasado xoves 27 de febreiro na súa sede da Escola Unitaria de Vilanova, en Recesende.

Durante a xuntanza Rosa Martínez Boquete, secretaria da Asociación, fixo balance das múltiples actividades de carácter formativo, informativo e cultural levadas a cabo durante o ano 2019, tanto en solitario como en colaboración con outras entidades. Entre estas salientou a organización de cursos coma o obradoiro de autoestima e de celebracións como a IX Festa das Mulleres con motivo do 8 de marzo, a Gala Xantar Literario co gallo da entrega dos premios do VII Certame de Poesía María Mariño, a VII Edición do Ciclo de Teatro Afeccionado Martabeladas ou o ciclo de conferencias de concienciación contra a violencia de xénero.

Rosa Gómez Limia, presidenta da Asociación, pechou a asemblea amosando a súa satisfacción polo labor realizado e agradecendo a colaboración de todas as persoas implicadas.

Membras da directiva de Teenses pola Igualdade reunidas na sede da Asociación

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*