Asociación para a participación das mulleres

Teenses pola Igualdade participa na Segunda Xornada «A axenda feminista galega: cuarta ola»

Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, e varias membras da asociación participaron o pasado 21 de setembro en Santiago na segunda xornada «A axenda feminista galega: cuarta ola», magnificamente organizada por FADEMUR.

O encontro estivo estruturado en varias mesas redondas e conferencias de gran interese e calidade. Entre as relatoras atopábanse Paz Filgueira, maxistrada, Pilar Seoane, directora do SEPE de Boiro, e Eliana Martíns, da Asociación Xornalistas Galegas.

Na xornada, á que estaban convocadas diversas asociacións feministas, púxose de manifesto a necesidade de contar con recursos e políticas públicas coa vontade firme de apoiar as vítimas de violencia de xénero. Na xuntanza salientouse ademais a necesidade de contar co compromiso dos axentes implicados, dos medios de comunicación e da sociedade en xeral.

Paz Filgueira, maxistrada
De esquerda á dereita Pilar Seoane, directora do SEPE de Boiro, Paz Filgueira, maxistrada, e Elena Moreira, de Teenses pola Igualdade

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*