Asociación para a participación das mulleres

Teenses pola Igualdade continúa coa súa oferta formativa

Durante o curso 2019/2020 a nosa Asociación continúa a ofrecer actividades formativas. En breve comezaremos con dous cursos de interese e utilidade nos que xa podes matricularte.

Podes solicitar información ou formalizar a inscrición no enderezo teensespi@gmail.com ou nos teléfonos 653103194 / 647189953

Curso APRENDE A MANEXAR O TEU MÓBIL

Data: 9 de decembro e sesións consecutivas en función da demanda do alumnado

Horario: de 20.30h a 21.30h

Lugar: sede da Asociación Teenses pola Igualdade. Escola de Vilanova. Recesende.

Imparte: Rosa Martínez

Prezo: 15€

Curso RELAXACIÓN

Datas: 17, 24, 31 de xaneiro e 7 de febreiro

Horario: de 19.30h a 21.30h

Lugar: sede da Asociación Teenses pola Igualdade. Escola e Vilanova. Recesende.

Prezo: 25€

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*