Asociación para a participación das mulleres

Sergio Clavero, Premio Docente Innovagal

Dende Teenses pola Igualdade queremos felicitar a Sergio Clavero por ser recoñecido cun dos Premios Docentes Innovagal outorgados pola Xunta de Galicia. Este profesor do IES de Cacheiras recibiu este galardón polo seu proxecto Aturuxo Films, que ten coma obxectivo a alfabetización cinematográfica dos estudantes a través do pensamento crítico e a creatividade. O pasado mes de novembro Sergio impartía unha conferencia para socias e socios de Teenses pola Igualdade no marco da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Parabéns, mestre!

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*