Asociación para a participación das mulleres

Se non contas con nós, non contes co noso voto

 

 

Nova pubricada en PrazaPublica

Campaña autonomicas

A Asociación Teenses pola Igualdade, O Soño de Lilith, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega, Asociación Rede provincial Pontevedra pola Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia presentaron este xoves en Pontevedra unha proposta de medidas imprescindibles, que instan a atender aos partidos de cara ás eleccións do vindeiro 25 de setembro. A campaña, baixo o lema «Se non conto, non voto» e «Se non contas con nós, non contes co noso voto», inclúe 39 medidas concretas e busca que as forzas políticas «se comprometan a favorecer un gran acordo político pola igualdade en Galicia e para a erradicación das violencias machistas».

A campaña inclúe 39 medidas concretas e busca que as forzas políticas «se comprometan a favorecer un gran acordo político pola igualdade en Galicia e para a erradicación das violencias machistas»

 

Campaña autonomicas 2

«Consideramos que as políticas de igualdade, que coa crise sufriron grandes recortes, son un investimento ineludible para unha democracia plena e de calidade e non un gasto prescindible coa escusa de que os recursos son escasos», destacan. «Unha democracia plena debe ter en conta ás persoas por riba dos mercados e basearse na plena igualdade de oportunidades, de trato e de consideración entre homes e mulleres, que está aínda lonxe de lograrse», engaden. «As nosas propostas non son partidistas. Facémolas desde a nosa autonomía de mulleres feministas e estamos convencidas de que mellorarán a vida da cidadanía no seu conxunto», conclúen.

O documento pide «garantir os recursos que fagan posible a implementación das políticas de igualdade», impulsar nos primeiros seis meses de lexislatura un «plan galego de emprego feminino” e reactivar o Plan de Atención Integral á Saúde da Muller de Galicia.

En materia formativa, demanda «contar con profesionais especialistas en igualdade nos centros educativos que deseñen e impartan contidos en materia de igualdade entre mulleres e homes e contra as violencias machistas» e «formar e incorporar persoal específico con perspectiva de xénero para atender a diversidade afectivo-sexual nos centros educativos e na sociedade en xeral, así como traballar de maneira directa co colectivo LGTBIQ+».

Propón, igualmente, «penalizar as organizacións e empresas privadas que non cumpran coa paridade nos seus órganos de dirección». E, de igual xeito, «utilizar a linguaxe inclusiva e non sexista en todas as institucións e organismos públicos e oficiais».

Propón «penalizar as organizacións e empresas privadas que non cumpran coa paridade nos seus órganos de dirección»

Busca, así mesmo, «erradicar o sexismo» e aposta por «sancionar administrativamente ás empresas que cometan accións de discriminación salarial ou profesional por cuestións de xénero» e «non destinar fondos públicos a ningún acto ou evento onde se faga apoloxía da cultura machista ou se reproduzan estereotipos patriarcais».

Pide «perseguir a explotadores e proxenetas e sancionar ao cliente» e «retirar subvencións públicas a toda empresa que ofreza ou anuncie servizos de contactos ou prostitución»

Na loita contra a violencia machista, prevé «instar ao goberno central a que se considere como violencia machista toda agresión sufrida por unha muller» e aposta por «darlle o mesmo tratamento ás vítimas mortais por violencia machista que ás vítimas mortais por terrorismo».

A campaña diríxese tamén contra a industria da prostitución, propoñendo «perseguir a explotadores e proxenetas e sancionar ao cliente» e «retirar subvencións públicas a toda empresa que ofreza ou anuncie servizos de contactos ou prostitución».

Pide tamén «non implantar a custodia compartida imposta como réxime de primeira orde nos supostos de crise de parella» e «garantir que nos procedementos penais incoados por violencia machista sempre prevalecerá a protección dxs menores, así como a suspensión cautelar do réxime de visitas».

Demanda igualmente «poñer os medios necesarios para implementar decididamente a Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias».

Aposta pola «recuperación do dereito a decidir das mulleres de 16 e 17 anos sobre a súa propia maternidade»

Aposta, finalmente, pola «recuperación do dereito a decidir das mulleres de 16 e 17 anos sobre a súa propia maternidade» e por «repoñer a rede mento».

 

 

 

No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*